Pacto de honra
Cine / 1955 / EE.UU
Sun 20, 15:45 - 17:00 (01:15)
75min.
Un home conduce unha caravana a través do territorio sioux, camiño de Oregón, desafiando os numerosos perigos da viaxe, ó tempo que chama a atención dunha fermosa muller india. Pero o principal perigo non será outro que a cobiza dos homes, enterados de que nalgún lugar do territorio indio hai un fabuloso xacemento de ouro.Considerado un dos westerns pro indios máis interesantes dos anos cincuenta, ''Pacto de honra'' amosaba sen reparos as relacións entre branco e india nun plano de igualdade que contrastaba considerablemente coa tendencia xeral do xénero, que trataba ós indios como seres inferiores. Dirixido en 1955 por André de Toth, un artesano irregular, a película sobresae do resto da producción dese ano polo rexistro subido de tono erótico que protagoniza a actríz Elsa Martinelli, unha fermosa nativa que se namora do xefe do convoi ferroviario que atravesa o seu territorio, Kirk Douglas.
Director :
André De TothActor :
Kirk DouglasWalter Matthau
Eduard Franz
Elsa Martinelli
Walter Abel
Lon Chaney Jr.
Diana Douglas
Compositor :
Franz Waxman